Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Escola infantil.

A Xunta convoca axudas para dixitalizar as escolas infantís de entidades sociais

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 12/07/18 (15:07)

As escolas infantís de 0 a 3 anos xestionadas por entidades sociais van ter recursos de apoio para modernizarse e dixitalizarse. Así o vén de informar o Goberno galego e así se especifica no DOG de onte, onde se fan públicas axudas para obras menores de adecuación e mellora nos centros, así como para a compra de equipamento e integración das novas tecnoloxías nas aulas. O prazo para solicitar as subvencións ábrese este 12 de xullo e fica aberto até o 11 de agosto. Achégase un crédito total de 600.000 euros, co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. 

A iniciativa, integrada no Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia), estipula como subvencionable (entre outras melloras e engadidos) a dotación de conexión a Internet e a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenadores, encerados dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

No DOG faise saber que se financiará até o 100% do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 15.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 10.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula. Cada entidade poderá percibir unha axuda máxima de 25.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente a solicitude.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal