Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tenda ILUNION Ortopedia.

ILUNION Saúde inaugura nova tenda de produtos de apoio na Coruña

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 11/07/18 (11:25)
ILUNION Saúde inaugurou no Hospital Universitario da Coruña unha nova tenda de ortopedia coas últimas innovacións en produtos de apoio, tanto físicos como tecnolóxicos. 
 
Á inauguración deste novo establecemento, acudiron o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e a conselleira delegada da División Sociosanitaria de ILUNION, Paola del Río.
 
Os asistentes visitaron as novas instalacións e puideron coñecer as últimas novidades en produtos de apoio e accesibilidade do sector que ILUNION Saúde distribúe en España de forma exclusiva. Neste sentido, coñeceron os prácticos e divertidos produtos de Firefly, pensados para os máis pequenos da casa; a cadeira Icon, que se adapta ao usuario e cambia con el; o colchón Stabilo, un sistema ergonómico para estabilizar o corpo dun paciente con problemas de equilibrio, ou o bucle magnético Ampetronic, líder mundial no deseño e a fabricación deste tipo de sistemas para persoas usuarias de audífonos ou implantes.
 
Esta nova tenda, que conta con seis traballadores, dos que dous son persoas con discapacidade, pertence ao grupo ILUNION, referente na creación de emprego de calidade para persoas con discapacidade en España.
Con esta tenda son xa sete os establecementos que ILUNION Saúde ten en España, distribuídos na Coruña, Ferrol, Toledo, Madrid, Granada e Barcelona.
 
Ampla experiencia
Cunha experiencia acumulada de máis de 25 anos, as tendas de ortopedia e produtos de apoio de ILUNION Saúde ofrecen unha ampla gama de solucións para favorecer a mobilidade, autonomía e a comunicación dos seus clientes, desde cadeiras de rodas, ata apps de comunicación, solucións de sinalización accesible, adaptación de vehículos, equipamento sociosanitario ou bucles magnéticos.
 
Así mesmo, contan cun equipo de terapeutas ocupacionais, logopedas e técnicos cunha longa experiencia en lograr a máxima calidade de vida e independencia posibles dos seus clientes, pois o seu obxectivo principal é favorecer e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal