Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe do lanzamento do Firefox Quantum.

Por fin Firefox volve entenderse con Jaws e outros lectores de pantalla

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 11/07/18 (11:14)

Tivo que pasar case medio ano, pero por fin pódese dicir que o navegador Firefox volve ser compatible con Jaws e con outros lectores de pantalla, despois de que o lanzamento da versión Quantum en novembro do pasado ano dese moitos problemas para as persoas con discapacidade visual que utilizan esta tecnoloxía.

En novembro de 2017 Mozilla lanzou a versión 57 do seu navegador, coñecida como Quantum, que deu numerosos problemas aos usuarios de lectores de pantalla, ata o punto de que a compañía recomendou desinstalar esta versión e volver a unha anterior, en concreto á número 52.

Hai uns meses, a finais de xaneiro, comentabámosvos que coa versión 58 de Firefox, Mozilla prometía solucionar moitos dos problemas cos lectores de pantalla. Con todo, a realidade foi que a experiencia de uso aínda distaba moito de ser a correcta.

Desde entón, Mozilla estivo traballando cunha das principais compañías desenvolvedora de lectores de pantalla, Freedom Scientific, e o seu archicoñecido Jaws para lograr que a compatibilidade entre ambas as tecnoloxías volvese ser a correcta.

E o resultado é Firefox Quantum 60, que é perfectamente compatible coa actualización de abril de Jaws 2018, de maneira que os usuarios de ambos os produtos poderán gozar dunha experiencia de uso perfectamente normal.

Así o avisou o Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica (CIDAT) da ONCE, que especifica que a versión compatible de Jaws é a 2018.1804.26 ou superiores.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal