Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación da iniciativa.

Carrefour loce en Vigo ferramentas inclusivas para usuarios de lingua de signos

Versión para impresiónSend by email
Vigo, 11/07/18 (11:07)

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou onte nun acto de presentación de tecnoloxías inclusivas celebrado no Carrefour da Gran Vía. Máis polo miúdo, foi unha cita para comprobar o funcionamento da ferramenta de vídeo-interpretación de lingua de signos implantada pola empresa multinacional no dito establecemento e máis (agora) en todos os da provincia de Pontevedra. A ferramenta, de nome SVisual, foi valorada polo rexedor como unha iniciativa que mostra “o compromiso de Carrefour coa responsabilidade social empresarial”. 

Segundo puido saber, o proxecto inclusivo xa está en activo en algúns dos centros Carrefour dende hai varios anos, pero agora sobe un novo chanzo co seu espallamento por todos hipermercados da cadea na provincial, co obxectivo de “garantir unha prestación de servizos en igualdade de condicións a todos os seus clientes”. En total, 82 centros Carrefour contan xa coa dita tecnoloxía, 13 deles de Galicia.

O acto de presentación contou coa presenza, entre outros, do secretario xeral para a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Diego Fernández; e do director da Fundación Solidaridad Carrefour para Galicia, Tomás Corona. Tamén estiveron presentes o director de Carrefour, Pablo León; e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Antonio Castro.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia