Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Alumnas do curso.

As maiores da Mariña introdúcense no manexo dos smartphones

Versión para impresiónSend by email
A Mariña, 20/06/18 (12:49)

Fundación TIC da Deputación de Lugo prosegue estes días, activamente, co seu traballo tecnolóxico-formativo para as/os maiores da provincia. Unha das máis recentes actividades do programa InLugo deste ano desenvolveuse na comarca da Mariña, onde tivo lugar o obradoiro Manexo básico de móbil-smartphone que organiza a Fundación TIC. O curso, que recibiu este 19 de xuño a visitada da deputada pola bisbarra costeira lucense Mayra García Bermúdez, diríxese a familiarizar ás asistentes co uso dos ditos dispositivos e a introducilas nas súas principais vantaxes de comunicación e de procura de información.

O obradoiro é un dos cursos que integran o programa de alfabetización tecnolóxica da Fundación TIC para o rural deste segundo trimestre de 2018. Os días pasados as actividades chegaron a concellos como Navia de Suarna, Foz, Xermade, Ribeira de Piquín, Baleira ou Fonsagrada. En todas as citas estase a conseguir un alto nivel de participación, o que demostra, en palabras da Deputación, “o interese que hai por parte dos maiores sobre a utilidade das novas tecnoloxías como ferramenta para mellorar a súa calidade de vida”. 

O cursos na provincia son sobre o uso do móbil e Internet, as materias máis demandadas polos usuarios do InLugo da TIC. 

En total, este segundo trimestre achéganse 1.085 prazas nas 81 accións formativas que imparte a entidade, tanto na sede de seu como na provincia. Segundo explica o Goberno provincial, esta cifra supón un incremento do 60% con respecto á tempada anterior. O obxectivo, engade, é “dar resposta á alta demanda que hai destas actividades, tal e como queda reflectido cada vez que se abre a inscrición e quedan cubertas todas as prazas ás poucas horas”.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal