Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Premio Cermi.

Os "Premios cermi.es 2018" recibirán candidaturas ata o 15 de xullo

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 19/06/18 (11:44)
  • O prazo para enviar candidaturas aos "Premios cermi.es 2018", convocados polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), concluirá o próximo día 15 de xullo, segundo informa o propio Cermi.

 

Con estes galardóns, recoñécese anualmente o traballo en España en favor das persoas con discapacidade e as súas familias, co fin de "lograr unha sociedade máis inclusiva e xusta que non deixe atrás a ninguén", segundo explica o propio Cermi.

As persoas, entidades, organizacións ou institucións que desexen participar nestes galardóns deben enviar a súa candidatura á sede do Cermi Estatal -na rúa Recoletos en Madrid- ou ao correo electrónico cermi@cermi.es, cumprimentando o formulario que aparece xunto ás bases dos galardóns na web do Cermi.

O fallo do xurado coñecerase na segunda quincena do mes de setembro deste ano. O Cermi anima a participar nestes premios, "porque ademais de recoñecerse publicamente o traballo en favor da inclusión, pode servir como inspiración e exemplo de boas prácticas a outras persoas ou organizacións, algo que non só beneficia ás persoas con discapacidade, senón a toda a sociedade".

 

Distintas categorías

Nesta edición, o Comité Executivo do Cermi Estatal estableceu doce categorías dentro dos galardóns: Inclusión Laboral; Investigación Social e Científica; Acción social; Accesibilidade Universal " Fundación Vodafone; Acción Cultural Inclusiva; Fundación CERMI Mulleres - Acción en beneficio das mulleres con discapacidade; Medios de Comunicación e Imaxe social da Discapacidade; Mellor Acción Autonómica e/ou Local; Responsabilidade Social Empresarial/Discapacidade; Activista-Traxectoria Asociativa; Mellor práctica de cooperación asociativa na esfera do Terceiro Sector da discapacidade, e Institucional.

O fallo dos Premios realizarao un xurado integrado por representantes do Cermi, asistidos por profesionais relevantes da comunicación e a responsabilidade social corporativa de acreditada traxectoria, quen se constituirá en Comité Técnico Asesor. Formará parte do xurado unha persoa representante da axencia de noticias Servimedia como apoio operativo. Actuará como Secretaria do Xurado, con voz e voto, a directora executiva do Cermi.

O xurado dirimirá cada premio por maioría simple para cada unha das categorías, e ás persoas ou organizacións gañadoras faráselles entrega dunha escultura representativa, obra dun prestixioso artista.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal