Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoas voluntarias

Os mozos galegos, os cuartos máis solidarios de España

  • Un estudo reflicte que un 47,3% realiza labores de voluntariado
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 13/06/18 (10:13)

Os mozos navarros son os máis solidarios de España, aínda que os galegos tamién se situarían entre os primeiros postos no seu altruismo: son os cuartos que máis declaran realizar labores de voluntariado. Así se desprende dun estudo presentado hoxe por unha plataforma de emprego universitario, beWanted, que destaca como os postos do podio están ocupados, respectivamente, por Navarra (49,7%), Madrid (48,9%) e A Rioxa (47,9%). No caso de Galicia, a porcentaxe situaríase no 47,3%, casi seis puntos por encima da media estatal.

Á cola ubicaríanse, segundo o informe difundido hoxe, os canarios, que queda lonxe dunha solidariedade que, en xeral, practican catro de cada dez mozos. En Canarias, apuntaríanse a realizar labores de voluntariado un de cada catro.

Segundo a plataforma, o labor social que supón realizar actividades de voluntariado é "un aspecto moi valorado polos recrutadores das empresas", dado que consideran que "nun futuro botarán unha man ao seu compañeiro, axudarán ao proxecto e, en definitiva, buscarán contribuir á misión e visión da empresa".

Un aceno que "mellora a empregabilidade"

A Xunta comparte esta valoración. De feito, como explicaba a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, a este diario, desde a Administración autonómica estase apromover a expedición dunha acreditación por considerarse que "mellora a empregabilidade". Ata o punto de que hai dous anos só se tramitaron 16, e en cambio agora rozan xa o milleiro ao ser tan proveitosas "a nivel curricular".

A análisise difundida hoxe  básase na análisise de máis de 180.000 perfís na plataforma, que explica que utiliza o voluntariado como un dos parámetros para filtrar perfís profesionais.

Tema: Xeral
Fonte: Faro de Vigo
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia