Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
O Pai Anxo entregando un móbil.

Mensaxeiros da Paz loita contra a pobreza dixital: así é a nova e orixinal iniciativa do pai Anxo

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 16/04/18 (13:55)
  • Unhas 50 persoas sen recursos van recibir un teléfono gratis con dez euros de saldo.
  • É a última iniciativa do Pai Anxo co obxectivo de abrirlles a porta para conseguir un traballo e unha nova vida.

 

José Antonio é monaguillo e sen teito. Mensaxeiros da paz regaloulle un móbil. Introduce nel a clave da wifi da igrexa e xa está conectado a Internet e ao mundo. Asegura que usará o seu novo dispositivo para "mirar ofertas de traballo e mandar currículo a empresas". O pai Anxo repartiu outros 99 smartphones a outras 99 persoas sen fogar. A Andrés axudaralle a atopar traballo.

"Se non estas conectado en redes sociais é imposible. Xa practicamente ninguén recolle currículo en man", asegura Andrés García, a quen Mensaxeiro da Paz proporcionoulle un smartphone. A Noel tamén lle deron un móbil, aínda que segundo di, non recibiu ningunha chamada. O smartphone permitiralle estar máis seguro polas noites na intemperie.

O pai Anxo, fundador de Mensaxeiros da Paz, asegura que hai veces que "alguén se queixa, moléstase e di: estes sen fogar teñen un móbil, e ás veces un móbil dos máis modernos. Bótanlles en cara iso, e eles non saben que se cadra o único que teñen é o móbil". María en cambio ten teito pero non dispón nin de Internet nin de computador. Non sabe usalo.

"Se non sabes manexar o computador, un está fóra de cobertura", asegura esta alumna do curso de alfabetización informática impartido por Cruz Vermella. É unha das persoas vulnerables atendidas pola Cruz Vermella. Como ela, o 65% dos usuarios non ten nin computador nin tablet. O 61% nunca se conecta a Internet. Estrela Rodríguez, directora de Estudos e Innovación Social de Cruz Vermella, explica que "son persoas que se van illando da sociedade das redes". Este illamento ten como consecuencia o aumento da súa exclusión.

Tema: Xeral
Fonte: La Sexta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal