Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Invitación EDICO.

A UCM e a ONCE presentan EDICO, o primeiro software capaz de permitir a estudantes cegos seguir en braille, voz ou vista adaptada as clases de matemáticas ou ciencias

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 12/04/18 (12:33)

A Universidade Complutense de Madrid e a ONCE presentan o primeiro Editor Matemático Accesible EDICO, desenvolvido grazas ao traballo conxunto entre ambas as entidades e que permite a un estudante cego seguir as clases máis complexas de matemáticas ou ciencias en tempo real, grazas á transcrición automática a braille, voz ou vista adaptada de todo tipo de fórmulas ou aprendizaxes.

A presentación será hoxe, Xoves 12 de abril, ás 12.00 horas, na aula Miguel de Guzmán da Facultade de Matemáticas da UCM (Pza. das Ciencias, 3. Cidade Universitaria).

EDICO facilita tamén que as persoas con discapacidade visual poidan interactuar con outras sen discapacidade, á hora de compartir a edición e representación das matemáticas, a física e a química, ademais de dispoñer dun compendio de ferramentas e/ou recursos didácticos para facilitar a aprendizaxe destas materias.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal