Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Un home no seu posto de traballo rodeado de dispositivos tecnolóxicos.

Máis de 3 millóns de empregos dixitais nunha década: serán accesibles?

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 11/04/18 (11:31)
  • O Observatorio para a Análise e Desenvolvemento Económico de Internet calculou que na próxima década crearanse só en España máis de 3,2 millóns de postos de traballo ligados ao negocio dixital e o comercio electrónico.

 

A boa noticia é que estes novos empregos estarán moi ligados á tecnoloxía, o que, en teoría, facilita a súa accesibilidade para todas as persoas.

Con todo, é necesario que empresas e organismos públicos se conciencien sobre a importancia de facer realidade este obxectivo, para evitar un incremento na brecha de emprego que xa sofren as persoas con discapacidade e as persoas maiores.

O estudo apunta a que estes máis de tres millóns de novos empregos compensaría a perda de postos de traballo que provocará a robotización de moitas profesións, que supoñerá a desaparición de 1,4 millóns de empregos.

O que é fundamental é que estes 1,4 millóns de empregos perdidos pola automatización derivada da robotización non afecten especialmente a sectores nos que as persoas con discapacidade teñen unha maior presenza.

E, sobre todo, que os máis de 3 millóns de novos empregos estean preparados para que poidan ser cubertos por todas as persoas.

O futuro debe ser inclusivo en todas as súas facetas, pero especialmente no emprego, xa que, pola contra, será unha ocasión perdida que será moi difícil de recuperar. E para iso, as novas tecnoloxías xogan un factor primordial e é necesario que todos esteamos concienciados niso.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal