Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Captura do videotutorial.

A Fundación Vodafone España e a Fundación CNSE lanzan novos tutoriales formativos para maiores sobre o uso do WhatsApp e Facebook en Lingua de Signos

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 17/01/18 (10:06)
  • Estes tutoriales facilitan o uso aos maiores xordos de dous das Apps máis descargadas a nivel mundial

 

Co obxectivo de promover as vantaxes que ofrecen os dispositivos móbiles avanzados (novos teléfonos intelixentes e tabletas) para as persoas maiores xordas, a Fundación Vodafone España e a Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación lanzaron uns tutoriais formativos sobre o uso de dúas das Apps máis utilizadas polas persoas maiores: WhatsApp e Facebook.

A través de vídeo-pílulas formativas, de carácter gratuíto que incorporan lingua de signos, que pretenden formar ás persoas maiores xordas no uso de dúas das aplicacións máis descargadas a nivel mundial: WhatsApp e Facebook. Sen ningunha dúbida a incorporación da lingua de signos contribuirá a que as persoas maiores xordas poidan asimilar as súas funcionalidades e beneficiarse de servizos que favorecerán a súa autonomía persoal e a súa calidade de vida.

Estes novos tutoriais, un total de oito vídeos formativos para WhatsApp e dez para Facebook, están dispoñibles en YouTube e pronto tamén o estarán en www.fundacionvodafoneconlosmayores.com.

Os seus contidos abarcan desde a súa instalación no Smartphone, pasando pola súa configuración, envío de fotos, vídeos, audios, contactos e localizacións, cuestións de seguridade e privacidade, a creación de grupos, como crear publicacións ou reaccionar e compartir as publicadas por amigos. Así mesmo os tutoriais de Facebook ensinan como interactuar con persoas cos mesmos intereses a través dos grupos desta rede social.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal