Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha muller maior consulta o seu smartwatch.

Un paso máis en servizos de localización de persoas para casos de emerxencias

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 15/01/18 (11:38)
  • Cada vez son máis os dispositivos intelixentes de seguridade persoal que permiten unha maior autonomía a persoas maiores ou con discapacidade e que conectan aos usuarios a servizos de emerxencia ou que utilizan a súa localización para alertar a familiares ou coidadores

 

Agora, ZTE, Qualcomm e Wearsafe anunciaron unha alianza para desenvolver produtos intelixentes como smartphones ou reloxos, que incorporen servizos persoais de seguridade avanzados.

Así, ZTE e Qualcomm uníronse para incorporar as solucións de rastreadores intelixentes Snapdragon Wear 1100 que permiten estar sempre conectados cunha maior capacidade de batería aos dispositivos da compañía chinesa.

Pola súa banda, estes produtos incorporarán a plataforma de seguridade de Wearsafe Labs, que ademais de servizos de localización e de emerxencia, incorpora outra serie de datos que axudan aos usuarios ou a quen os teña que atender en caso de necesidade, como o seu estado de saúde e o seu historial de enfermidades e medicamentos, a velocidade á que viaxa ou información personalizada por audio, entre outros.

Este tipo de solucións poden ser moi útiles para persoas que busquen unha maior autonomía pero que en ocasións poidan necesitar a atención doutras persoas.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal