Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Curso "Uso seguro das TIC por parte dos Menores"

 

Dentro do Plan de Formación 2012 da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia,Amtega, presentamosvos o curso EDUCA_TIC para o "uso seguro das TIC por parte dos Menores", dirixida tanto aos Axentes TIC e responsables da Rede CeMIT como aos voluntari@s dixitais do ámbito de influencia de cada unha das aulas, e que terá  lugar na terceira semana de xullo ( do 16 ao 20).

Versión para impresiónSend by email
11/07/12 (10:28)

Este curso, que se desenvolverá en sesións de tarde de 16:00 a 20:00 horas e con titorización libre a través da plataforma moodle, ten entre os seus obxectivos a análise da man de expertos en seguridade do contexto actual en Galicia e do diagnóstico da situación na que están os menores galegos no que respecta a hábitos de uso do TIC, así como os coñecementos sobre a seguridade da información e as ferramentas utilizadas.

Esta proposta está deseñada cunha metodoloxía mixta, é dicir, cuns contidos de formación e-learning e outros presenciais a través de videocolaboración, para que poida ser seguido por todos vos dunha forma cómoda  incluso desde casa, sen interferir ou restar tempo as vosas actividades.

·  A formación desenvolvida en modo presencial a través de videocolaboración (openmeeting) por especialistas da rama de investigación de delitos dixitais da Garda Civil e da Policía Nacional, estará programada en xornadas de dúas horas diarias de 16 a 18 horas, de luns a venres.

·  A formación e-learning cos contidos de reforzo estará na plataforma de formación do CEMIT (http://cemit.xunta.es/ema) para o voso acceso libre, xunto co material teórico para a súa descarga. A titorización deste material farase mediante o correo electrónico (formacion-cemit@xunta.es) e por medio do teléfono: 986 122 928.

Dado o extraordinario valor formativo que supón a experiencia dos profesionais da rama de seguridade cidadá que estarán como docentes, estamos seguros de que estaredes moi interesados en participar neste curso; para facelo, debedes de ter presente as seguintes instruccións:

  1º.- SER USUARIO DA REDE CeMIT

-      Na páxina web http://cemit.xunta.es, apartado “Inscribite na rede CeMIT”, cubrir a ficha de inscripción.

2º.- Enviar un correo a formacion-cemit@xunta.es , co asunto “CURSO USO SEGURO DAS TIC POR MENORES” e cos seguintes datos no corpo do documento:

-      NIF, nome e apelidos, email e a vosa localidade e provincia

3º.- Recibiredes un correo no que se os confirmará a inscrición e os datos de entrada na plataforma de formación para a semana do 16 ao 20 de xullo, con videocolaboración de 16 a 18 horas

 

 En caso de calquera dúbida, podedes poñervos en contacto a volta de correo (formacion-cemit@xunta.es) ou nos teléfono 986 122 928.

Tema: Xeral
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal