Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da campaña.

Plena inclusión aposta por dous Youtubers para normalizar a discapacidade intelectual entre os máis novos

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 11/10/17 (11:56)
  • Mario e Héctor apenas exceden a vintena, son amigos e queren ser recoñecidos youtubers… Seguro que non che soa a nada novo, pero crenos: esta é a noticia, aínda que en realidade non debería sela. E é que dá a casualidade de que Mario ten discapacidade intelectual, e iso quizá o cambia todo, polo menos polo momento.

 

Plena inclusión propúxose axudar a Mario e a Héctor a conseguir o seu soño, como forma de normalizar a discapacidade intelectual entre os máis novos.

Para iso lanzou a campaña #QuéEstáPasandoAquí, na que gravou con eles dous vídeos para promocionar a súa propia canle a través das redes sociais. Con iso, esta organización –que representa ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias en toda España–, pretende achegarse a este sector da poboación usando os seus mesmos códigos e canles.

E é que Mario e Héctor non tratan de remover conciencias. Tampouco ofrecen unha visión descafeinada ou paternalista das persoas con discapacidade intelectual. Simplemente limítanse a facer o que queira que fagan agora os mozos en Youtube.

No seu caso isto consiste basicamente en botarse “unhas risas” como calquera parella de amigos. Hoxe máis que nunca pedímosche que convertas en noticia algo que non debería selo. Mario e Héctor contan coa túa colaboración para difundir a súa canle a través de #QuéEstáPasandoAquí.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia