Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo dos premios.

O Observatorio G&T premiará as mellores prácticas en sensibilización e xestión da diversidade xeracional

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 25/09/17 (12:07)
  • A compañía anuncia a primeira edición dos "Premios Generacción", co patrocinio de Banco Sabadell

 

O "Observatorio Generación & Talento" presenta a primeira edición dos "Premios Generacción", uns premios teñen por obxectivo o recoñecemento, difusión e reputación das boas prácticas na sensibilización, formación e innovación na xestión da diversidade xeracional, destacando aquelas iniciativas con impacto positivo e que afecten a colaboradores de varias xeracións sen restricións en canto ao tipo, tamaño ou localización.

Nesta I edición, os "Premios Generacción" –que contan co patrocinio de Banco Sabadell– recoñecerán ata tres boas prácticas a calquera entidade (empresa, universidade, administración pública, ONG, etcétera) que desenvolvese algunha acción para mellorar a xestión da diversidade xeracional dentro da súa organización.

Ademais destes tres galardóns, o xurado poderá recoñecer ata dúas prácticas que destaquen pola promoción, a difusión e/ou a investigación da diversidade xeracional cun accésit cada unha. Tamén se contempla a posibilidade de distinguir cunha mención honorífica a aquela iniciativa que achegue un valor especial polo tipo de organización que a impulsa, pola súa innovación, pola súa dimensión internacional ou por calquera outro aspecto destacable para o xurado.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 15 de novembro. 

Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal