Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoa cega usando un smartphone.

Unha aplicación fai visibles os comercios a persoas cegas

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 08/08/17 (12:57)

A aplicación para smartphones Outbarriers permite a persoas con discapacidade visual coñecer os comercios polos que vai pasando mentres andan pola rúa, e mesmo permite que as aplicacións de navegación os leven ata as tendas que desexan visitar.

Ademais, a aplicación ofrece información sobre o comercio e datos sobre a accesibilidade do local, así como outra información que o dono da tenda considere oportuna.

A aplicación funciona coa colocación de pequenas balizas na entrada dos comercios que se comunican cos smartphones dos usuarios, de maneira que cando eles pasan preto destes establecementos, reciben un sinal con toda a información.

Ademais, Outbarriers tamén serve para que os usuarios poidan reportar sobre lugares de complicada accesibilidade nas cidades, de maneira que cando outro usuario pase por ese sitio recibe unha alerta.

A aplicación está dispoñible tanto para terminais Android como  iOS.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia