Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Torres de Serranos.

Valencia, epicentro da Responsabilidade Social en setembro co 4 RSEncuentro

Versión para impresiónSend by email
Valencia, 28/07/17 (11:19)
  • A cuarta edición do encontro, que se celebrará o próximo 28 e 29 de setembro en Valencia, levará por título “Territorios Socialmente Responsables” e reunirá a Administracións públicas, empresas e entidades sociais de toda España

 

O próximo 28 e 29 de setembro, Valencia converterase en sede nacional do debate sobre Responsabilidade Social Empresarial/Corporativa (RSE/RSC) coa chegada da IV edición de RSEncuentro, o foro estatal sobre Responsabilidade Social Empresarial que reunirá a Administracións Públicas, empresas e entidades sociais para dialogar e establecer vínculos reais.

Tras as súas tres edicións anteriores, realizadas en Vila-Real, Madrid e Santiago de Compostela, o RSEncuentro chega a Valencia para abrir o debate sobre os “Territorios socialmente responsables” coincidindo co ano en que Valencia é Capital Mundial da Alimentación Sustentable por Nacións Unidas e unha das capitais españolas punteiras en sustentabilidade urbana.

Este evento está organizado polas consultora CIMAS e patrocinado pola Conselleria de Transparencia, Responsabilidade Social e Cooperación, a Agència Valenciana de Turisme e Caixa Popular e conta co apoio da Fundación Novaterra. Durante dous días o congreso organiza charlas, debates e talleres moderados por expertos nacionais ao redor de cinco eixos fundamentais: o turismo sustentable; a diversidade, riqueza e talento nas organizacións; a innovación social; os medios de comunicación e a RS e as organizacións saudables.

O RSEncuentro situouse en catro anos como un foro dinamizador das inquietudes de diferentes colectivos profesionais para desenvolver novos modelos de empresa, máis vinculados ao territorio e máis comprometidos coas persoas.

Para logralo, o RSEncuentro contará este ano con máis de 35 persoas expertas en ámbitos tan diversos como o emprego, a innovación social, o turismo, a sustentabilidade, a diversidade, o benestar emocional ou a comunicación. 

 

Unha programación diversa

O coordinador do encontro, Jaume Fons, destacou que o obxectivo é “poñer o foco, durante 48 horas, no benestar das persoas en todos os ámbitos: na súa vida individual, no seu aspecto social, como persoas traballadoras ou como persoas consumidoras”. “Todos temos unha responsabilidade individual e colectiva á hora de xerar un territorio socialmente responsable e queremos que sexa en Valencia onde a administración pública, as empresas, a universidade e todas as organizacións e colectivos que o desexen, estean presentes para falar e crear ideas comúns ao redor da responsabilidade social”, engadiu.

Na primeira xornada, o xoves 28 de setembro, territorios como Galicia ou Estremadura e cidades como Vitoria, Madrid ou Valencia explicarán que medidas están a implementar para facer reais as metas marcadas por Nacións Unidas a través dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Durante a xornada do venres 29, RSEncuentro organiza máis de 15 horas en cinco talleres simultáneos que xerarán respostas aos retos que expoñen ámbitos como o turismo sustentable e o equilibrio nas cidades, as organizacións saudables, a diversidade intelectual, o papel dos medios de comunicación na difusión da RSE ou a innovación social.

Tamén haberá ocasión para que as persoas asistentes poidan elixir gañador a un dos 6 proxectos que foron seleccionados para formar parte das microintervencións, no espazo da ‘RSE en vivo'. Proxectos que abarcan desde cultura vertebradora do territorio, a reciclaxe, proxectos sociais con impacto na sociedade ou a sustentabilidade do sector téxtil. Un cóctel cargado de razóns polas que as empresas e organizacións apostan por modelos de desenvolvemento que xeran beneficios sociais e ambientais para as persoas.

Tema: Xeral
Fonte: Diario Responsable
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal