Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo SignARTE.

A Fundación CNSE adapta a app SignARTE ás persoas xordas estranxeiras

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 29/06/17 (12:44)
  • Informa sobre os espazos culturais que ofrecen servizos de accesibilidade en calquera cidade española
  • Está dispoñible en lingua de signos española, castelán, sistema de signos internacional e inglés

 

A Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación introduciu novas funcionalidades en SignARTE, unha app gratuíta para Android que permite ás persoas xordas localizar os espazos culturais accesibles en calquera cidade española que visiten.

Ata agora, a aplicación recollía información en lingua de signos española e castelán, sobre máis dun cento de cinemas, teatros, bibliotecas, museos, espazos naturais, xacementos arqueolóxicos e recintos históricos do noso país que ofrecen servizos de accesibilidade como intérpretes de lingua de signos, signoguías, bucle magnético, subtitulado, servizos de emerxencia visuais, etc.

Para optimizar o seu funcionamento, a Fundación CNSE traduciu estes contidos a sistema de signos internacional e inglés, de tal modo que poidan utilizalo turistas estranxeiros tanto xordos como oíntes.

Ademais, incorpora a función “Preto de min” que mostra aos usuarios a oferta cultural accesible nun radio de ata 100 km de distancia a partir da súa localización, o que a converte nunha guía de grande utilidade en materia turística que facilitará que as persoas xordas gocen de lecer, arte e cultura sen barreiras de comunicación.

Esta iniciativa, financiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e a Fundación ONCE está dispoñible para a súa descarga.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal