Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha persoa cega no interior dun edificio.

Vodafone premia un proxecto para facilitar a mobilidade de persoas cegas en espazos descoñecidos

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 29/06/17 (12:50)
  • A XI Edición dos Premios Vodafone Connecting For Good dirixidos á innovación en telecomunicacións distinguiu o proxecto Visual Tags, que a través dunha aplicación permite facer accesible a cartelería de calquera lugar a persoas con discapacidade visual

 

Este sistema, desenvolvido por Neosistec e o Mvrlab da Universidade de Alacante, permite a persoas cegas acceder á información da cartelería utilizando Visión Artificial, o que lles permite moverse de forma autónoma por espazos descoñecidos.

Esta edición dos premios Vodafone tamén destacaron na categoría ‘Accesibilidade TIC' ao proxecto ‘Librería para a xeración de linguaxe natural en español' que adapta ao castelán a librería SimpleNLG.

Este proxecto permite a dispositivos electrónicos xerar linguaxe natural en español a partir dunha selección de palabras baseada no coñecemento lingüístico e estatístico.

Por último, no apartado de ‘Solución social TIC' os premios da compañía de telecomunicacións destacaron Protection People APP, un sistema desenvolvido pola ONG madrileña Itwillbe que utiliza o recoñecemento biométrico (dactilar, facial e da pegada palmar) para identificar e xestionar datos de beneficiarios de organizacións.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal