Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo da web Humble Bundle.

O Humble Software Bundle oferta aplicacións informáticas con fins solidarios

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 22/06/17 (11:28)

Aínda que os lotes ofrecidos a través de Humble Bundle tenden a estar formados por xogos independentes ou por recompilacións de títulos dun estudio en concreto para captar fondos para causas solidarias, permitindo que o usuario sexa o que decida a cantidade económica a achegar, esta quincena sorpréndennos cunha selección de software tan completa como atractiva.

As aplicacións informáticas que recibirán as persoas que acheguen a partires de 1 dólar están CloudApp Pro (cunha licenza de 6 meses), Soda PDF Home (licencia doméstica desta aplicación que permite crear e converter documentos PDF) e un cupón de 30 dólares para contidos dentro da aplicación MAGIX Music Maker.

Máis interesante resultan as aplicacións que recibirá quen aporte máis da media (8,40 dólares no momento de escribir estas liñas), pois inclúe unha licenza dun ano do xestor de contrasinais LastPass Premium, a aplicación de ilustración Corel Painter Essentials 5 e os interesantes Corel Photo Brush – AfterSot e Corel Photo Brush – ParticleShop.

Para os que se animen a achegar dende 12 dólares as aplicacións que se incluirán serán tamén 1 licenza anual para 3 dispositivos de Panda Antivirus Pro, unha licenza dun ano do navegador web privado Windscribe e o editor SOUND FORGE Audio Studio 10.
Temos aquí unha atractiva selección de software por un prezo moi axustado, que de seguro que moitos creadores estarán dispostos a pagar para facerse con aplicacións de xeito legal ou, simplemente, para probar novas ferramentas sen ter que facer un grande investimento.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal