Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Congreso Nacional de Conjupes

Máis de 200 persoas acoden á celebración do II Congreso Nacional de Conjupes

Versión para impresiónSend by email
Vigo, 26/04/17 (10:11)

A cidade de Vigo acolleu, como na súa primeira edición, o Congreso Nacional de Conjupes, un encontro que este ano se celebrou baixo o lema "Asegurar o presente e progresar no futuro". Como sinalou Vicente Sanz, "para nós Vigo e as persoas maiores de Galicia son un referente. Ademais, a organización con Asogapem e Cogama garántenos o éxito dos eventos que celebramos aquí". En total, o foro congregou a máis de 200 persoas, na súa maioría de Galicia, pero tamén en representación de Asturias, Cantabria, Madrid, Castela e León, e Andalucía.

Durante dúas xornadas, a Confederación Nacional de Xubilados e Pensionistas de España, celebraron a Asemblea Xeral e un interesante programa con temáticas de actualidade.

O encontro foi inaugurado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quen ademais de glosar os interesantes contidos que ían ser tratados, sinalou que "o asociacionismo é moi importante para que nas súas reunións conclúan as necesidades que debemos escoitar as administracións para executar as políticas máis acordes".

Posteriormente, o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Miguel Ángel Vázquez, impartiu unha conferencia sobre o envellecemento activo e saudable. Na súa alocución, Vázquez expuxo a teoría do gerontólogo e biólogo Aubrey de Grey de que a vellez non é unha etapa vital, senón unha enfermidade, que se pode tratar e curar. O expertó engadiu que o concepto de envellecemento está nun profundo proceso de revisión, cuxa principal teoría é que, a vellez xa non depende da xenética nin do ambiente, senón da nova ciencia e, sobre todo e en gran parte de cada un de nós: "somos responsables do noso propio envellecemento", indicou, "unha enfermidade segundo esta teoría que podemos previr, tratar e abordar para vivir máis e mellor".

Como novidade, tal e como avanzara a este xornal o presidente de Conjupes, "facéndonos eco dunha das grandes preocupacións da sociedade española, e especialmente das persoas maiores, incorporamos unha mesa sobre o Imposto de sucesións e a fiscalidade das herdanzas". Así, o avogado Jesús Ramón Alonso Fernández, especialista na materia, deu unha detallada explicación das claves. Para iso, contextualizó o Imposto de Sucesións (despois do falecemento) e o de Doazóns (intervivos), ambos os impostos directos, subxectivos e instantáneos. O letrado fixo unha pregunta aberta de se "non hai suficientes gravame na declaración da renda ou co pago do IBI, ou nas plusvalías municipais, para que exista este imposto?". Posteriormente, debullou a fiscalidade que estes trámites levan, e como segundo a comunidade onde se resida, as porcentaxes varían ostensiblemes. Así mesmo, detallou os trámites que se realizan posteriores ao falecemento para testar e herdar. Neste punto, e desde a súa experiencia profesional, o avogado fixo as súas recomendacións para evitar situacións indeseadas.

Finalmente, tivo lugar a mesa moderada por Balbino Lozano, presidente da Federación de Zamora, titulada "As novas tecnoloxías da información, causa de exclusión social". Así, por unha banda, Sara Marsillas, doutora en Psicoloxía do Envellecemento Activo na Universidade de Santiago, debuxou un panorama sobre a sociedade na que estamos a envellecer. Ao seu xuízo, cada vez é menor a fenda dixital entre os maiores e os máis jovenes, aínda que entende que hai moitos estereotipos cara aos senior que hai que combater. Enumerou diversas solucións que farían a vida máis fácil a este colectivo pero que por "descoñecemento, desmotivación, medo e usabilidade", permanecen distanciados das TIC. Na súa opinión, en calquera caso, "o paradigma ten que cambiar, as persoas son as que teñen que dicir o que necesitan e as solucións tecnolóxicas poderán e deberán estar mellor adaptadas".

Dentro desta mesma mesa, Alejandro Otero Dávila, presidente da Federación Galega de Universitarios Senior, ofreceu unha explicación vivencial, unha simulación real do uso da plataforma de Fegaus e a través da que desenvolven o programa Ágora que desenvolven. O seu obxectivo, como puxo de relevo, "é motivar para que os maiores usen as novas tecnoloxías, porque o que non as use quedará illado". Nas súas palabras, a diferenza entre usalas ou non, ten a mesma distancia como vivir no século XVIII ou no XIX.

Broche final

Por último, tivo lugar a entrega do IV Premio Nacional Conjupes, que este ano foi a parar a mans de Miguel Angel Vázquez, pola súa traxectoria e labor de colaboración e participación desinteresada coas entidades do sector, como Conjupes.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Yolanda Lesmes, fixo entrega do galardón e clausurou as xornadas glosando ao asociacionismo baixo o novo enfoque de corresponsabilidade para prepararse para a nova etapa.

Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal