Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Feira Internacional Virtual de Emprego Finde.Eu

Chega a segunda edición da feira virtual galego-portuguesa de emprego universitario: Finde.U

Versión para impresiónSend by email
Vigo, 20/03/17 (17:42)

Este martes 21, e até o día 24, celébrase un evento que dalgunha maneira complementa e amplía cara a novos horizontes (horizontes dixitais e sen limitacións de espazo) os obxectivos e estratéxicas do Foro Tecnolóxico de Emprego, desenvolvido hai uns días no Campus de Vigo. Estamos a falar da segunda edición da Feira Internacional Virtual de Emprego Finde.Eu, unha cita organizada polas universidades de Vigo, Porto e Tras Os Montes e Alto Douro. Segundo puidemos saber, nela van participar máis de cen empresas procedentes de todos os recantos de Europa. Lembrar que na edición anterior concorreron 78 firmas ofertando 1.324 postos de emprego para os que se recibiron máis de 4.400 currículos. As novas tecnoloxías e a enfermería foron os ámbitos máis demandados da convocatoria de 2016.

O obxectivo da Área de Emprego da UVigo, co-organizadora, é que “durante catro días expositores de toda Europea teñan a oportunidade de entrar en contacto virtual con máis de 60.000 estudantes e 110.000 titulados e tituladas das tres universidades organizadoras”. A estes estudantes e titulados cómpre engadir os egresados doutras institucións educativas de toda Europa que se atopen na mesma situación de procura de emprego, prácticas ou oportunidades de investigación. 

Na anterior edición desta feira participaron 114 expositores virtuais: 78 empresas con necesidades de contratación de persoal, 23 servizos ou puntos de información relacionados con emprego e mobilidade e 13 entidades relacionadas co ámbito da rede Eures. Dende a organización (a devandita Área de Emprego) explican que o sector con máis demanda foi o das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC, que copou o 32% do total dos requirimentos. A continuación situouse enfermaría, coa cuarta parte das demandas. Segundo explican o impulsores desta feira virtual, no caso das TIC a demanda é moi alta tanto en España en Portugal coma no resto de países, mentres que no caso de enfermaría a demanda vén sobre todo do estranxeiro.

Por países, os máis representativos no que a oferta de postos de traballo se refire, foron Alemaña, Reino Unido, España e Portugal, seguidos de Malta, Suecia, Noruega, Dinamarca, Holanda, Bélxica e Eslovaquia.

Ao igual ca o ano pasado, esta feira virtual completarase a finais de ano con dúas feiras presencias, unha en Porto, que se celebrará do 17 ao 18 de outubro, e outra en Vigo, do 24 ao 25 do mesmo mes. 

Na primeira edición da feira, celebrada o pasado mes de novembro, ao longo das catro xornadas nas que se prolongou este actividade, preto de 5.000 estudantes das universidades de Vigo, Porto e Tras- Os-Montes e Alto Douro visitaron os stands das máis de 120 empresas e institucións que participaron.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal