Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel dos premios.

A Fundación Vodafone España convoca a XI Edición dos Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 17/03/17 (13:35)
  • A Fundación Vodafone España incentiva o desenvolvemento e a innovación nas TIC outorgando tres premios dotados con 15.000 euros cada un
  • O prazo de presentación de proxectos finaliza o 7 de maio de 2017

A Fundación Vodafone España convocou a XI Edición dos seus Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións, cuxo obxectivo é promover e desenvolver proxectos tecnolóxicos accesibles para mellorar a calidade de vida dos colectivos vulnerables. Estes proxectos de interese social, que poden atoparse tanto en fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade, han de ter en conta a accesibilidade universal, o deseño para todos e a promoción da transformación dixital. Poden estar desenvolvidos en calquera soporte (app, web, plataforma…).

Convócanse dúas categorías:

  • Premios Accesibilidade TIC; concederanse dous a senllos proxectos que sexan de aplicabilidade a un ou a varios tipos de discapacidade (sensorial, cognitiva e/ou física).
  • Premio Solución social TIC, a aquel proxecto que presente a mellor solución de amplo impacto social que non sexa elixible na categoría anterior.

Cada unha das categorías premiarase con 15.000 euros, escultura conmemorativa, presenza no Mobile World Congress de 2018 e participación nos obradoiros de formación “Campus CDTI”.

 

Aberto o prazo de presentación

A estes premios poden presentarse proxectos desenvolvidos en España durante 2016 e ata a data da convocatoria. O prazo para a presentación de proxectos é do 15 de marzo ata o 7 de maio de 2017.

Un xurado formado por personalidades da Administración, a investigación e a empresa valorará o carácter innovador da solución dentro da Sociedade da Información, o público obxectivo que se podería ver beneficiado pola solución, a súa viabilidade e a súa accesibilidade. O fallo do xurado notificarase antes do 30 de xuño de 2017.

Bases completas e o formulario para encher para optar a algún destes premios:

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia