Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
DICO Summit 17

O encontro “DICO Summit 2017” premiará a creatividade dos máis novos co concurso de ideas “na busca do talento dixital”

  • Recoñecerá ideas orixinais sobre un produto ou servizo innovador no eido dos contidos dixitais, tanto no ámbito estudantil como no profesional
  • Poden participar mozos de entre 18 e 30 anos, na categoría de mozo adulto, e rapaces de entre 14 e 18 anos, na categoría de mozo
  • O prazo de presentación de ideas remata o 23 de xaneiro e os premios entregaranse o 25 de xaneiro na clausura do encontro
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 16/01/17 (18:18)

DICO Summit 17 reunirá na Cidade da Cultura a profesionais e representantes de empresas de referencia como Technicolor e Nokia, para abordar as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio

O encontro DICO Summit 2017 premiará a creatividade e a orixinalidade de propostas de novos produtos e servizos vinculados aos contidos dixitais co concurso de ideas “Na busca do talento dixital”. Está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos, na categoría de “mozo adulto”, e a rapaces de entre 14 e 18 anos na categoría de “mozo”.

Ata o día 23 de xaneiro ás 17.00 hs. calquera mozo nese rango de idade poderá presentar a súa proposta de ideas, aplicable aos contidos dixitais en calquera ámbito co requisito de que sexan orixinais e se diferencien doutros produtos ou servizos comerciais que poidan existir na actualidade e sexan de dominio público.  A proposta pódese presentar de xeito individual ou en grupo, integrado por un máximo de 3 persoas. A documentación, que deberá incluír  a descrición xeral de idea, a tecnoloxía necesaria, as principais vantaxes que supón, os posibles clientes ou consumidores, ademais dos datos de contacto, remitirase á dirección de correo electrónico info@dicosummit.gal (link sends e-mail).

Haberá dous premios por categoría, primeiro premio e mención especial, que consistirán en dispositivos electrónicos, libros, material promocional ou subscricións relacionadas co campo dos contidos dixitais. O nome dos premiados e a entrega de galardóns terá lugar o día 25 de xaneiro antes da clausura do DICO Summit 2017. As bases do concurso poden consultarse na web dicosummit.gal (link is external).

 

#dicosummitgal

O evento DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017 reunirá, os días 24 e 25 de xaneiro na Cidade da Cultura, a profesionais e representantes de empresas de referencia como Technicolor e Nokia, entre outros, para abordar as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos. O encontro, promovido pola  Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia, ten aberto o prazo de inscrición través do enlace http://dicosummit.eventbrite.com (link is external).

Ao longo de dúas xornadas, DICO Summit 2017 ofrecerá catro tipo de actividades complementarias. Por un lado, os paneis e intervencións de entidades e profesionais de referencia de ámbito estatal e europeo que ofrecerán a súa visión sobre os contidos e a transformación dixital; o novo concepto de televisión e plataformas audiovisuais, os videoxogos, as tecnoloxías de base ou os casos de éxito en determinados campos da economía dixital.

 

Showroom, Networking e Concurso de ideas

Ademais, contarase cun espazo de exhibición, un Showroom, no que os asistentes poderán coñecer de primeira man parte das tecnoloxías que marcarán o futuro dos contidos dixitais e as súas aplicacións prácticas. Haberá tamén tempo para que as empresas asistentes conversen entre elas cun espazo de Networking, habilitado especialmente para o coñecemento entre entre empresas e profesionais co obxectivo estreitar lazos e fomentar acordos e colaboracións dentro do mundo dixital. Por último, impulsarase o talento local a través do concurso de ideas relacionadas con novos proxectos no eido dos contidos dixitais.

A web da iniciativa, dicosummit.gal (link is external), irase actualizando coas novas sobre as entidades e profesionais que terán presenza no evento, que tamén se publicarán nas redes sociais das tres entidades organizadores. As entidades interesadas nesta iniciativa poden poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico info@dicosummit.gal.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal