Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo de Mozilla.

Mozilla defende unha Web accesible para todo o mundo

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 02/12/16 (09:54)

A comunidade A11y de Mozilla está formada por centos de apaixonados voluntarios que teñen necesidades específicas en canto a accesibilidade e desenvolvemento da Web. Algúns membros do equipo teñen distintos graos de discapacidade visual, algúns son invidentes e outros teñen discapacidades motoras; é dicir, todos eles lidan a diario con desafíos na contorna online. O equipo Firefox A11e dedica o seu tempo e habilidades a traballar en todo o ecosistema de accesibilidade web, que vai desde influír na estándares web W3C , implementación de buscadores e evangelización, ata colaborar con (e dar soporte a) tecnoloxías de asistencia.

Proxectos de A11y

Firefox ten moitas características que fan o navegador para computador e a contido web accesible para todos os usuarios, incluíndo aqueles que teñen problemas de visión, son invidentes ou teñen habilidades limitadas para utilizar o teclado ou o rato.

De forma máis específica, o proxecto The Access Firefox Project é un portal web con ferramentas de accesibilidade e recursos para usuarios de Firefox con discapacidade (visual, principalmente). Está deseñado para ofrecer guías e consellos para usuarios de todos os niveis, desde principiantes ata usuarios expertos. O propósito principal deste proxecto é facer da Web un lugar no que as persoas con discapacidade visual ou cognitiva poidan descubrir ferramentas e recursos que lles permitan tomar o control da súa experiencia web, personalizando a forma na que acceden ao contido.

Os mellores complementos para accesibilidade de Firefox

  • Cambiador de tipo de fonte e tamaño: é unha sinxela ferramenta que permite cambiar o tipo de letra e o tamaño. Diferénciase doutros complementos similares en que estes cambios afectan a todas as xanelas, menús e barras de ferramentas de Firefox. Os cambios aplícanse instantaneamente, gárdanse e mantéñense en sesións sucesivas.
  • Botón de zoom na páxina: dá aos usuarios o control das funcións de zoom en Firefox desde un único botón. Os usuarios poden facer clic sobre o botón ou utilizar a roda do rato para facer zoom, desfacer o zoom e resetear a páxina para volver á configuración inicial. Os usuarios tamén poden facer zoom en arquivos locais offline como fotos ou gráficos.
  • Big Buttons: o tamaño por defecto dos botóns da barra de ferramentas de navegación de Firefox está ao redor de 16 x 16px: é moi pequeno para a maioría dos usuarios de A11y. Big Buttons convérteos en grandes e extra-grandes.
Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal