Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación do estudo.

O estudo “Discapacidade, integración e o papel das TIC” preséntase en Aragón da man de COCEMFE

  • Presentado con COCEMFE Aragón o Informe de Fundación Vodafone España e COCEMFE Barcelona, realizado polo Observatorio da Discapacidade Física; ofrece información sobre como valoran e utilizan as TIC as persoas con discapacidade
Versión para impresiónSend by email
Zaragoza, 28/10/16 (09:49)

Dentro do road-show de difusión deste Informe, presentouse en Zaragoza, en colaboración  con COCEMFE Aragón. Na presentación participaron a súa presidenta, Marta Valencia; Pilar Díaz, directora do Observatorio da Discapacidade; e Javier do Arco, coordinador científico de Fundación Vodafone España, ademais de Àngels Pons, directora de GESOP.

O estudo desenvolveu unha investigación cuantitativa para analizar a situación das persoas con discapacidade física, medir as dificultades coas que se atopan no día a día e determinar a axuda que as TIC lles achegan parar superalas.

Entre outras conclusións, o Informe pon de manifesto que dúas de cada tres persoas con discapacidade consideran que “o uso das novas tecnoloxías poden axudar a mellorar o seu benestar”;  ou que unha de cada catro persoas con discapacidade considera que Internet lle proporciona autonomía e independencia,

O estudo completo, elaborado cunha mostra de máis de mil persoas con discapacidade, está dispoñible en www.observatoridiscapacitat.org

Principais conclusións en formato accesible.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal