Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Tecsos

Boas prácticas do Proxecto Piloto Enred@te: rede social dixital para persoas maiores e voluntariado da Cruz Vermella Española

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 22/07/16 (08:42)

A iniciativa Enred@te, ideada pola Cruz Vermella, a Fundación Vodafone e a Fundación TECSOS, xurdiu como evolución dun proxecto anterior no que se desenvolveu e pilotou unha solución de vídeo-comunicación entre persoas maiores, a través dun sistema instalado nos seus propios televisores. Ante o éxito desa primeira iniciativa, decidiuse avanzar cara a unha solución máis flexible, robusta, de sinxelo manexo e maior calidade, conseguindo unha rede social accesible a través de tablet que poden utilizar as persoas maiores para vídeo-comunicarse con outras persoas maiores e manterse informadas de diversos contidos de interese. Ademais, como novidade, incorpora a participación do voluntariado virtual, parte da rede que promove o seu uso de maneira inclusiva e participativa. Esta solución tamén se pilotou en 2014 con resultados positivos, e actualmente estase traballando para convertela nun servizo que permita chegar ás persoas maiores a través da Cruz Vermella.

Accede aquí ao artigo completo

Tema: Xeral
Fonte: tecsos- fundación de tecnologías sociales
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal