Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Reunión do Consello da Xunta

A Xunta impulsa a formación en novas tecnoloxías de máis de 4.000 traballadores das pemes galegas para favorecer a consolidación da Industria 4.0

  • Este programa cubrirá o 50% do custo das accións formativas e a duración presencial mínima de 30 horas por participante
Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 22/07/16 (08:18)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego porá en marcha un novo programa que, dotado cunha contía de preto dun millón de euros, impulsará a formación en novas tecnoloxías de máis de 4.000 empregados das pemes galegas que recibirán formación específica que promoverán clústers e centros tecnolóxicos relacionados coa fábrica intelixente.

“Estamos a falar dun programa para que os mandos intermedios das pemes sexan formados en eidos necesarios para desenvolver a fábrica intelixente como: robótica, o Big Data, o Internet das Cousas, a ciberseguridade, Loxística 4.0 ou vehículos autónomos, así como servizos de xestión e organización empresarial”, explicou Feijóo, ao que engadiu que ademais de beneficiar directamente aos 4.000 traballadores, contribuirán a que as empresas avancen no camiño cara o tecido empresarial intelixente que promove a Xunta a través do desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.

As axudas deste programa cubrirán o 50% do custo das accións formativas. E, en cada iniciativa, deberán participar un mínimo de 5 traballadores de pemes con centro de traballo ou sede social en Galicia, ademais de contar cunha duración presencial mínima de 30 horas para cada participante.

 

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal