Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Maiores que participaron no curso de informática.

O Concello de Boqueixón entrega os diplomas de formación TIC a 30 veciñas e veciños

Versión para impresiónSend by email
Boqueixón, 09/07/19 (09:08)

Concello de Boqueixón entregou os diplomas dos cursos de informática para maiores a unha trintena de veciñas e veciños. No acto participou o alcalde, Manuel Fernández Munín, que presidiu a entrega de acreditacións. Esta acción formativa foi impulsada polo Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón e contou, en palabras dos organizadores, “cunha excelente acollida por parte da trintena de participantes, que amosaron a súa vontade de seguir ampliando coñecementos nesta materia”.

As sesións desenvolvéronse nas instalacións da aula de usos múltiples do Concello de Boqueixón. O alumnado dividiuse en tres grupos, nos que se impartiron nocións básicas sobre informática. Entre os coñecementos adquiridos durante os 3 meses de clases (20 horas lectivas) atopáronse os seguintes contidos: compoñentes dun equipo informático, sistema operativo (escritorio, barra de tarefas, iconas e cartafoles), Internet, navegadores e buscadores, tratamento de datos (como almacenalos con seguridade), correo electrónico, uso das novas tecnoloxías no fogar (novas, a web do Concello, cita previa do SERGAS, compras online, etc).

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal