Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoa en cadeira de rodas usando uns cascos de realidade virtual xunto a outras dúas persoas.

Comezan as probas do convenio de colaboración do CITIC e COGAMI a prol da accesibilidade dixital

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 12/06/19 (09:08)

A semana pasada, o Living Lab do CITIC (o laboratorio colaborativo de probas tecnolóxicas do Centro de Investigación TIC da UDC), recibiu a primeira visita dunha persoa con diversidade funcional para avaliar a experiencia que transmite unha contorna de realidade virtual. Segundo informou o centro emprazado no Campus de Elviña, foi a primeira proba realizada na contorna do convenio de colaboración asinado entre o CITIC e COGAMI, salientando algúns dos seus obxectivos fundamentais: traballar conxuntamente no impulso de ferramentas que melloren a participación e autonomía dos colectivos con diversidades funcionais a través de solucións baseadas nos principios do deseño universal e centrado nas necesidades e capacidades dos usuarios.

Na proba fundacional do proxecto levada a cabo a semana pasada botouse man dunhas lentes HTC para experimentar con varios escenarios dixitais, entre os que se incluíron un escenario móbil (simulación de montaña rusa) e outro de posicionamento espacial (GoogleEarth). Os resultados, segundo informou o CITIC, “foron moi positivos”, xa que “a realidade virtual permitiu á persoa experimentar diferentes sensacións que nunha contorna real non podería realizar”. A partir desta primeira proba, evolucionarase até chegar a contidos que permitan traballar de maneira específica con estes colectivos as actividades da vida diaria e promover a participación en actividades de lecer que, doutra forma, non poderían ter acceso. Desde o CITIC comezarase a traballar na creación e proba de contornas particulares e personalizados con contidos significativos para cada participante.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal