Dende o Programa de Voluntariado Dixital buscamos persoas que, cos seus coñecementos, entusiasmo e solidariedade, queiran contribuir ao despegue da alfabetización dixital, en especial en colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente.
Se és unha persoa socialmente comprometida e cumples os seguintes requisitos:
- Tés coñecementos en novas tecnoloxías.
- Dispós de tempo para adicalo á persoas con maiores dificultades de aprendizaxe, acceso ou formación.
- Tes máis de 18 anos.

As persoas voluntarias, en función da súa dispoñibilidade, poden proporcionar apoio tanto en fomato presencial como en formato virtual, é dicir, a través da rede.
Atopa a oportunidade de colaborar que mellor se adapte ás túas circunstancias:

Se queres realizar unha búsqueda máis precisa, selecciona unha ou varias das opcións que che presentamos a continuación e pulsa o botón.