Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Entidades de acción voluntaria

Asociación Erasmus Compostela

Entidade de acción voluntaria

Datos de contacto

Jorge López-Veiga
Santiago de Compostela
A Coruña

Actividades desenvolvidas

*Actividades DEPORTIVAS: - Particípase facendo equipos integrados polos socios estudiantes extranxeiros nos campionatos das ligas universitarias da USC, en disciplinas de Futbol Sala, Baloncesto e Voleibol. - Organízanse actividades de sendeirismo. - Organízanse actividades como rafting, puenting, paint ball... *Actividades SOCIO-CULTURAIS: - Intercambio de Idiomas (Tándem), organízanse encontros entre os nosos socios e os nativos para incentivala aprendizaxe de novos idiomas para ámbalas dúas partesActividades de puesta en valor al territorio entre os que destacan: Inglés, español, portugués, italiano, francés, chino, galego, alemán... - Visita a Museos e monumentos de valor histórico: tódolos semestres organízanse unhas semanas da cultura onde se concentran as visitas aos museos de Santiago, tours con guías oficiais pola cidade, visítase o interior da Catedral (tellados, catacumbas,etc), visítase a Cidade da Cultura, etc. *Actividades de RESPONSABILIDADE SOCIAL: - Doazón de sangue (faise un evento informativo nas nosas redes sociales coa información, e se propón hora y lugar para proceder á doazón). - Axuda na inclusión social de estudantes con discapacidade. - Recollida de alimentos e tapóns, para a súa consecuente doazón. - Visita aos colexios para información e fomento sobre as vantaxes e os valores interculturais adquiridos nos programas de intercambio universitarios. *Actividades DE POSTA EN VALOR DO TERRITORIO GALEGO: -Realízanse excursións a distintos puntos do territorio galego, para que tódolos estranxeiros poidan coñecela xeografia, historia e cultura galega, facilítaselles tódala información posible dos lugares a visitar. As visitas son a lugares coma Fisterra, Illas Cíes, A Coruña, Costa da Morte, Lugo, Ribeira Sacra, Ourense, Verín (durante o entroido), Rías Baixas, etc. *Actividades de VIAXES: - Cada semestre realízanse viaxes a distintas cidades dentro do territorio español e portugués, sempre baixo a organización dunha axencia de viaxes (coa que mantemos un convenio) cos seus tours e programación de actividades culturais e lúdicas. As viaxes son a cidades coma Oviedo, Xixón, Salamanca, Madrid, Sevilla, Córdoba, Granada, Barcelona, San Sebastián, Porto, Braga, Guimaraes, Fatima, Lisboa, etc. *Actividade do CAMIÑO DE SANTIAGO: Esta actividade lévase a cabo unha vez ó ano, normalmente entre os meses de abril ou maio. Organízase para 40-60 estudantes estranxeiros socios. Trátase de realizar un treito do Camiño, os derradeiros 110 kilómetros, a asociación encárgase da organización e a xestión do aloxamiento, transporte de material e axuda durante o camiño, información, etc. Na última edición participaron 150 persoas, estudantes de intercambio que estaban a estudar en distintas universidades españolas que participaron neste actividade que era evento nacional da Federación á que pertence a asociación (ESN). *Actividades de OCIO: - Realízanse reunións sociais tanto diurnas coma nocturnas, sobre todo ao comezo de cada cuatrimestre do curso académico para que os estudantes socialicen e poidan conocer outras persoas no seu mesmo lugar, é dicir, que non coñecen a ninguén en Santiago de Compostela. - Organízanse clases de baile, tanto rexionais coma internacionais, para fomentala cultura de cada país. * Actividade do DÍA INTERNACIONAL (INTERNATIONAL DAY) International day é unha feira na que os estudantes internacionais son os protagonistas representando ao seu país de orixe, informando sobre a cultura, idioma e a gastronomía. Unha ocasión de compartir experiencias coa comunidade universitaria de Santiago de Compostela, pola que se pretende dar a coñecer aos futuros destinos do programa Erasmus + aos estudantes locais que optan aos diferentes programas de movilidade. Unha grande oportunidade para que os estudantes representen ao seu país coma embaixador durante la xornada, e optando aos distintos premios. Esta actividade realizouse con gran éxito en distintas edicións coa implicación da USC, a última tamén co apoio da Xunta de Galicia.

Apoios Abertos

Histórico de Apoios

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal