Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Entidades de acción voluntaria

Implicadas/os No Desenvolvemento

Entidade de acción voluntaria

Datos de contacto

Tatuxa Conde
R/Barcelona,84. Baixo.
C.P. 36211
Vigo
Pontevedra
Télefono:
886 111 911 – 606 315 071

Actividades desenvolvidas

Implicadas basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como base para o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas entende a loita contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte e a busca de espazos para que cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, poida tomar decisións sobre as súas vidas. Así, Implicadas entende a pobreza como un problema político e polo tanto traballa na sensibilización e busca da participación da cidadanía galega na incidencia política, algo que promove a través de colaboracións co mundo da cultura, con asociacións feministas e grazas á súa base de voluntariado na que na actualidade traballan preto de 50 persoas. Por outra banda, Implicadas busca promover a participación da cidadanía do Sur e en particular das mulleres a través das súas organizacións propias na toma de decisións sobre a súa vida a nivel local e mundial. Ademais, Implicadas promove intercambios de activistas e artistas dos países do Sur. Implicadas é unha organización baseada no voluntariado, polo que conta cunha única persoa contratada en Galicia. O voluntariado en Implicadas ten dúas vertentes: - presencial (diferentes cidades galegas: Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Coruña ou Compsotela) - virtual (equipos de prensa, comunicación, tradución, documentación, deseño, audiovisuais...)

Apoios Abertos

Histórico de Apoios

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal