Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Entidades de acción voluntaria

Asociacion Provincial Pensionistas y Jubilados A Coruña

Entidade de acción voluntaria

Datos de contacto

Chus Blanco Pérez
C/Arco 5-7, 1º
Coruña (A)
A Coruña
Télefono:
981217143

Colectivos atendidos

Persoas maiores

Actividades desenvolvidas

- Proxecto POSTA EN MARCHA E DINAMIZACIÓN DUNHA AULA DE INFORMÁTICA NA PARROQUIA DE LOS ROSALES EN A CORUÑA: Preto de 30 persoas maiores da parroquia de Los Rosales en A Coruña, están a mergullarse nas vantaxes que a tecnoloxía lles pode reportar grazas a VOLDIX. Dende a Oficina de voluntariado de VOLDIX coordínase a oferta de voluntarios e a demanda de apoios dixitais que solicitan as entidades de acción social. Este foi o caso da Parroquia de Los Rosales, que conxuntamente coa entidade colaboradora do Programa VolDIX, Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados UDP FETEGA, solicitou voluntarios dixitais para formar no uso das TIC aos maiores pertencentes ao ámbito de influencia desta parroquia. En resposta á súa solicitude, puxéronse á disposición desta parroquia tres voluntarios, dous deles prexubilados, que se achegan tres horas á semana cada un para introducir aos maiores nos coñecementos básicos da informática, a navegación por Internet, as redes sociais e aquelas necesidades sobre tecnoloxía que vaian xurdindo. Ademais, a parroquia recibiu 12 ordenadores grazas a empresa Revertia, mecenas dixital do programas, que recicla equipos informáticos obsoletos para o seu uso posterior en entidades de acción social.

Apoios Abertos

Histórico de Apoios

Creado Título Descrición
28/10/13 Alfabetización dixital para maiores na parroquia dos Rosales na Coruña UDP-A Coruña solicita dous voluntarios dixitais para a impartición de talleres de alfabetización dixital na parroquia dos Rosales, na Coruña, titoriza...
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia