Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Que teño que facer para ser voluntario/a?

Para poder inscribirte como voluntario/a dixital neste proxecto, debes ser un internauta capaz de axudar, cos teus coñecementos, entusiamo e solidariedade, ao despegue da sociedade da información e o coñecemento na nosa comunidade, e en especial, naqueles colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente.


En canto aos coñecementos de informática, non é preciso ter grandes coñecementos técnicos, só se pide ter:
  • coñecementos a nivel usuario/a
  • habilidades sociais de mobilización
  • transmisión de coñecemento e información
  • e o máis importante, ganas de compartir o teu tempo e os teus coñecementos

Se queres inscribirte agora como VOLUNTARIO/A DIXITAL, podes facelo dende aquí.


Ademais, como voluntario/a da Rede Galega de Voluntariado Dixital, poderás formarte con nós e beneficiarte de:
  • Un Plan de Formación Continua en VOLUNTARIADO E TECNOLOXÍA para o desenvolvemento das competencias necesarias para a realización correcta do teu traballo
  • RECURSOS FORMATIVOS on-line de apoio nos diferentes servizos nos que te queiras implicar

Unha vez que te inscribas e pases pola formación inicial en voluntariado e tecnoloxía incluída no Plan de Formación Continua do Proyecto, poderás acceder ás oportunidades de apoios dixitais en curso solicitadas polas entidades de acción voluntaria que tamén se adhiren ó proxecto solicitando un apoio dixital para o seu colectivo de actuación.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal