Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Carteira de servizos

APOIOS DIXITAIS

O APOIO DIXITAL é o modo no que os voluntarios ofrecen a súa axuda e os seus coñecmentos para que os participantes no proxecto poidan acercarse ás novas tecnoloxías

O APOIO DIXITAL é o servizo principal que ofrecerá a nova rede de voluntariado ós colectivos de actuación do proxecto través de dúas modalidades:

  • Voluntariado presencial: impartirase directamente dende as aulas tanto públicas como privadas adscritas á Rede as cales poden ser:
    • Aulas Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CEMIT)
    • Aulas aportadas polos mecenas dixitais
    • Bibliotecas públicas
    • Aulas aportadas polas entidades de acción voluntaria que soliciten apoios dixitais
    • Centros sociocomunitarios …
  • Voluntariado virtual: impartirase de maneira virtual aproveitando as posibilidades que ofrecen as  tecnoloxías, sempre e cando así o soliciten as entidades de acción voluntaria

DOAZÓN DE EQUIPAMENTO TECNOLÓXICO

A través deste servizo, o programa Voluntariado Dixital actúa como canle de unión entre as necesidades en materia de equipamento e as cesións realizadas por entidades colaboradoras.

Se es unha Entidade de Acción Voluntaria ou Entidade Colaboradora adscrita ao Programa Voluntariado Dixital ou se estás rexistrada como Aliado Dixital e precisas equipamento TIC, só tes que solicitalo e, no caso de que haxa equipamento dispoñible, VolDIX encargarase de xestionar a cesión e o envío.

Procedemento de solicitude

Enviar un correo electrónico a voluntariadodixital@xunta.es co asunto “Solicitude de equipamento- Nome da Entidade”, indicando os seguintes datos:

  • Equipamento que se precisa (nº de PCs, nº de pantallas…)
  • Datos da persoa de contacto (Nome, apelidos, teléfono e email)
  • Datos da entidade solicitante (Nome, CIF e enderezo postal)
  • Datos da persoa responsable de asinar a recepción do equipamento (Nome, apelidos e cargo)
  • Enderezo do lugar de recepción do equipamento (só no caso en que non coincida co enderezo da entidade)
  • Obxectivos: breve descrición do uso previsto para o equipamento.

As solicitudes atenderanse por rigoroso orden de recepción e, no momento en que se dispoña de equipamento cedido, porémonos en contacto contigo.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal