Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Acceso ás Novas Tecnoloxías para familiares de persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA)

Versión para impresiónSend by email
Entidade:
Asociacion de Dano Cerebral de Compostela Sarela
Data:
Lun, 06/11/2017
Colectivo de actuación:
Persoas con discapacidade
Tipoloxía do apoio:
Uso seguro de Internet (menores e familias)
Provincia:
A Coruña
Localidade:
Santiago de Compostela
Perfil/requisitos:
disponibilidad horaria los lunes de 10:00 a 11:30
Descrición:
A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro  de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e que desenvolve o seu labor fundamentalmente nos concellos que configuran a área sanitaria de Santiago. Ademais, non só atendemos a persoas con DCA, senón tamén ás súas familias. Por esta razón, creamos un programa de “Atención a Familias”, onde ofrecemos apoio e actividades para mellorar o seu día a día. Unha destas actividades é “Acceder ás novas tecnoloxías”. Os contidos son resultado de suxestións, peticións e necesidades das propias familias. Estes son: Crear unha conta de correo Envío e recepción de mensaxes Achegar e descargar arquivos (imaxe, texto,…) Procura na internet e manexo básico para navegar polas páxinas web Solicitar unha cita médica na páxina do SERGAS Solicitar unha cita para o DNI ou Pasaporte Acceso á plataforma E-SAÚDE Outros: redes sociais (facebook), manexo do Smart Phone (WhatsApp)... Esta actividade tería lugar no centro da propia entidade, os luns, de 10:00 a 11:30 da mañá. O grupo estaría formado aproximadamente por 6 familiares (cunha media de 60 anos de idade), e tamén habería outra persoa (familiar) para levar a cabo a actividade. A súa duración está prevista ata finais do mes de decembro, con posibilidade de continuar en xaneiro de 2018.
Número de vacantes:
1
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia