Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Proxecto Brúxula de inserción socio-laboral

Versión para impresiónSend by email
Entidade:
Fundación Meniños
Data de inicio:
Lun, 17/07/2017
Colectivo de actuación:
Desempregados/as
Tipo do voluntariado:
Presencial
Provincia:
A Coruña
Localidade:
Ferrol
Descrición:
En Fundación Meniños, a través do Programa de Integración Familiar traballamos para evitar a desprotección infantil ligada a factores de exclusión social e pobreza. Neste contexto créase o Proxecto Brúxula de promoción da inserción social e laboral dos pais e nais para unha adecuada protección do menor e garantir así o seu benestar. O proxecto Brúxula está dirixido á activación, capacitación, mellora da empregabilidade e orientación laboral, desenvolvendo itinerarios personalizados de inclusión social e laboral apoiados en grupos motores de emprego onde se trata de incentivar as técnicas de procura activa de emprego, habilidades laborais e alfabetización dixital. Neste momento estamos a organizar un grupo motor de emprego na cidade de Ferrol, e gustaríanos poder contar coa colaboración de persoas voluntarias para o desenvolvemento das sesións presenciais. Concretamente, o grupo componse de 5-6 persoas e desenvolveríase os mércores en horario de 17 a 19:30 durante os meses de xullo, agosto e setembro na aula CeMIT de Ferrol. O HORARIO É FLEXIBLE E AS SESIÓNS PODERÍAN REALIZARSE DE MAÑÁ, segundo dispoñibilidade dos/as voluntarios/as, que poderán participar no deseño e desenvolvemento dos contidos concretos das sesións, que se dividirán nos seguintes bloques temáticos: A.- Recuperar e fortalecer capacidades e habilidades persoais (2 sesións) A través de técnicas grupais de activación, motivación, reforzo e axuda mutua;xeración de expectativas, desenvolvemento de habilidades educativas e de fortalecemento da dinámica familiar baixo un soporte dixital. B.- Recuperar e promover habilidades para a inclusión social (2 sesións) Traballaranse habilidades sociais empregando as TIC: estilos de relación, comunicación, activación de redes de apoio social, manexo de recursos sociais. C. Taller de alfabetización dixital: TICS e técnicas de procura de emprego (5 sesións) Para adquisición de coñecementos e habilidades TIC para a mellora de situación de empregabilidade: Realizaranse itinerarios de alfabetización dixital: manexo de informática básica, elaboración de CV, técnicas de procura de emprego, xestión de rede de contactos, manexo de redes sociais, etc.
Número de vacantes:
2
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal