Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de actividades

Actividades de interese

15/09/18

O obxectivo de MEET AND CODE é introducir a nenos e mozos, entre os 8 e 24 anos, no mundo da tecnoloxía e a programación. Os eventos están deseñados para mostrar aos mozos o divertida que pode ser a programación e como pode axudar a que as ideas cobren vida. Aprenderán como funciona a tecnoloxía e como as TI afectan as nosas vidas diarias. Ao explorar unha ampla gama de temas tecnolóxicos, dixitais e desenvolvendo unha programación creativa, animaráselles a desenvolver as destrezas dixitais que se necesitan no mundo de hoxe.

31/07/18

Os emprendedores interesados en participar na terceira convocatoria de ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ xa poden presentar as súas candidaturas. Este programa, impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ofrece apoio e formación a iniciativas empresariais de innovación social dixital.

Valorarase especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores. O obxectivo do programa é conseguir que estas iniciativas empresariais se convertan en negocios reais e os seus produtos ou servizos despeguen coas maiores garantías de éxit

18/07/18

O curso quere facilitar novos métodos de marketing e comunicación ás empresas de economía social, co obxectivo de posicionar dunha forma óptima o seu proxecto e mellorar a comercialización dos seus negocios.

Está dirixido a grupos promotores, persoas interesadas en emprender e membros das entidades de economía social.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia