Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de actividades

Actividades de interese

21/07/19

A Fundación Vodafone España convoca a XIII Edición dos seus "Premios Vodafone á Innovación" co obxectivo de promover e desenvolver proxectos de innovación en TIC para mellorar a calidade de vida de sectores da poboación que se atopen nunha situación de vulnerabilidade ou nunha posición de risco de caer na exclusión social.

A finalidade da convocatoria é a de apoiar a aparición de servizos innovadores, especialmente dirixidos ao beneficio dos devanditos grupos, que poidan ter unha ampla repercusión polo seu interese, novidade e potencialidade na promoción da transformación dixital, así como a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas.

20/05/19
  • Gústanche os retos? Interésanche as novas tecnoloxías? Gustaríache aprender dunha forma divertida cos teus compañeiros de clase? Se a túa resposta é si... segue lendo!

 

The North Codes é unha iniciativa de DXC Technology que, por primeira vez, organizan en conxunto os centros DXC de Asturias e Santiago de Compostela. O obxectivo é que os mozos e mozas se acheguen á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería e ás matemáticas (STEM) dunha forma atractiva, divertida e fácil de desenvolver.

En que consiste?

The North Codes é un concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando a tecnoloxía Scratch.

Quen pode participar?

O concurso vai dirixido a estudantes que se atopen entre 5º curso de educación primaria e 4º curso de secundaria. Haberá dúas categorías: Junior (5º EP a 1º ESO) e Senior (2º a 4º ESO).

Que hai que facer?

Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto ata o 20 de maio de 2019, que será a data límite de entrega. Os xuíces de DXC avaliarán todos os traballos recibidos en base á creatividade, orixinalidade, precisión e méritos técnicos, e boas prácticas de programación.

Por que participar?

Aprender informática desta forma é moi fácil e divertido; e axuda a desenvolver capacidades de gran utilidade para o futuro. Ademais, haberá premios fantásticos para os gañadores e moitas sorpresas!

Visita thenorthcodes.com para coñecer todos os detalles!

25/04/19

O próximo 25 de abril de 2018 é o Día Internacional das rapazas nas TIC. É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. 

No CESGA preparan a séptima edición do “Día Internacional das Rapazas nas TIC”, e contarán con catro mozas galegas que investigan, traballan e emprenden coas TIC, para contarnos a súa experiencia e respostar a tódalas preguntas que se lles fagan dende os centros escolares. Elas son: Pilar Vila Avendaño, Sonia Valladares Rodríguez, Mercedes García Rodríguez e Leticia Faria de Pazos.

23/04/19

Quen non garda bos recordos dos momentos da infancia? De nenos todos xogamos e gozamos xogando.

Por iso, propoñémosche facer memoria de todos eses xogos tradicionais que nos fixeron tan felices e con iso exercitar a memoria co seu recordo. Anímaste?

Contidos:

  • Beneficios de lembrar momentos pasados para a nosa mente e estado de ánimo.
  • Exposicións e museos sobre o xogo e o xoguete.
  • Xogos tradicionais: materiais e regras.
     

Lembra momentos felices e exercita a túa mente!

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal