Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de actividades

Actividades de interese

24/11/17

A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.
Un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.

22/11/17

O XIX Congreso Estatal de Voluntariado é un lugar de encontro de persoas voluntarias e entidades que se celebra durante dous días nunha contorna activa e participativa. Relatorios, mesas redondas, talleres, comunicacións e posters, así como actividades sociais e culturais guían a dinámica deste evento que aposta pola construción con xunta dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

17/11/17

Durante os días das xornadas de Tifloinnova  pódense atopar os últimos avances da tecnoloxía aplicada, con solucións prácticas e accesibles que se proxectan sobre a vida diaria: formatos dixitais e braille, axudas ópticas e electrónicas de baixa visión, tecnoloxías en mobilidade e apps...

Tamén hai produtos para o fogar, a orientación, a educación, a cultura e o lecer, a accesibilidade e usabilidade de bens e servizos. Todo canto contribúa a que as persoas con cegueira ou deficiencia visual severa sexan máis independentes, máis autónomas, máis libres.

Será un espazo dinámico e aberto no que desenvolvedores, usuarios e profesionais poderán compartir experiencias e intercambiar información ao redor dun programa activo de conferencias, obradoiros, mesas redondas, demos e presentacións de novos produtos e tendencias tecnolóxicas.

06/11/17

Os días 6 e 7 de novembro celebrarase en Madrid o VIII Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade; dedicado aos protagonistas da Transformación Dixital Accesible.

A transformación dixital é un fenómeno complexo e transversal, pero non hai que esquecer que está impulsado por persoas e o seu obxectivo final son as persoas. Non hai regras fixas, nin mapas infalibles, o resultado da transformación dixital dependerá de decisións de múltiples persoas. Por iso, o lema do VIII Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade é “Os protagonistas da transformación dixital”.

Durante dous días, o 6 e 7 de novembro, poderase escoitar ás persoas que lideran a transformación dixital nas empresas, a Administración Pública e o terceiro sector, ademais de coñecer os proxectos, produtos e servizos innovadores de emprendedores e PEMES. 

Os Congresos de CENTAC buscan reunir ás persoas interesadas nas TIC e a súa accesibilidade e fomentar o coñecemento e as relacións para que a transformación dixital sexa accesible.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Galicia