Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

IoT Solutions World Congress 2016

Versión para impresiónSend by email
Descrición:

IoT Solutions World Congress 2016, ofrece tres días de relatorios con máis 200 expertos en tecnoloxías de primeiro nivel. Estamos ante o congreso sobre Internet das Cousas para a aplicación industrial máis importante do mundo. Máis de 200 dos expertos máis innovadores e influentes de IoT reuniranse para compartir coñecementos, visións e explicar como Internet das Cousas está a afectar ás industrias de fabricación, saúde, servizos públicos, transporte e loxística, innovación, tecnoloxía...

Despois da súa primeira edición, o IoT Solutions World Congress consolidouse como o principal evento mundial neste sector. A segunda edición do IOTSWC está dedicado a unir aos provedores da internet of Things coa industria para axudar a aumentar a produtividade desta.

O IOTSWC16 ofrecerá un ambiente internacional con máis de 8.000 visitantes e centrarase nas aplicacións de IoT en seis áreas específicas: manufactura, saúde, servizos públicos, transporte e loxística, innovación e tecnoloxía. Están programados espazos durante tres días para que os asistentes ao congreso poidan escoitar aos usuarios finais, aos expertos de implementación, ás organizacións de normalización, a organismos gobernamentais e outras empresas do sector que se están dando conta do potencial do IoT Industrial.

Este evento é organizado por Fira Barcelona en colaboración de Industrial Internet Consortium, (a organización industrial IoT fundada por AT&T, Cisco, General Electric, IBM, e Intel) para reunir ás organizacións e a tecnoloxía co obxectivo de acelerar o crecemento, a adopción e o uso xeneralizado da IoT industrial.


Lugar:
Barcelona

Comezo rexistro:
Xov, 14/07/2016

Fin rexistro:
Mar, 25/10/2016

Data inicio:
Mar, 25/10/2016

Data fin:
Xov, 27/10/2016


Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal